2015 ARGO NAVIS Bueu

Fotos: Xabicas

 

ARGO NAVIS REDE LABORAL

Argo Navis é unha rede creativa e dinámica de crecemento profesional. Está formada por persoas traballadoras autónomas e pemes, que colaboran dun xeito proactivo e comparten unha filosofía e valores comúns. É unha rede con identidade cultural que busca converterse nunha antena colectiva de captación de ideas que promovan e activen o desenvolvemento local, social, económico e cultural.

Argo Navis busca ser una iniciativa referente en Galicia de creación de valor diferencial a través do traballo colaborativo, que xere confianza e que aporte valor engadido mediante a xeración de capital social e o fomento de iniciativas innovadoras.

A súa sede quere axustarse a estes requirimentos: ser un espazo flexible que se adapte a diferentes necesidades: lugar de traballo, talleres, charlas, actividades, etc. Un lugar cunha visibilidade estratéxica na vila Bueu, que mira ao mar fronte a praia de Pescadoira. Un espazo agradable e con moita luz natural, que transmite enerxía positiva e ganas de traballar dun xeito diferente.

Ti tamén podes ser rede Argo Navis!

 


Argo Navis Rede Laboral
info@redeargonavis.com
(+34) 886 125 816

Proxecto en colaboración con: estudio Xarda

Páxina de inicio

 

Guardar